Este curso iniciamos un fermoso proxecto coas nosas colegas do IES Eusebio da Guarda. Comezamos coñecéndonos a traves do correo electrónico para despois intercambiarmos diferentes actividades colaborativas. Primeiro propuxémoslles coñecer ditos e refráns sobre a Candeloria e respondéronnos con enredos sobre aves de Galicia; con isto aproveitamos para facer un traballo de investigación sobre as características desas aves e facerlles un vídeo expositivo que nos serviu como pretexto para aprendermos máis do contorno do noso centro posto que fixemos un roterio guiado desde Educación ambietal do concello.
Nos últimos meses xa tiñamos ganas de nos coñecer fisicamente así que artellamos as visitas aos respectivos centros. Recibímolos no noso centro cos brazos abertos cunha actividade de unir partes das cantigas para que se coñecesen un pouco máis. Demos un paseo polo centro e na despedida agasalláronnos cun marcapáxinas personalizado.
Unha semana despois fomos o seu centro e tratáronnos de marabilla. A visita guiada polas instalacións do centro foi fantástica, mesmo nos recibiu a directora. E aínda tiñan dúas sorpresas máis: un conxunto de comidas propias de cada un dos seus país (que rico estaba todo! Parabéns e moitísimas grazas!!!) e unha visita ao tellado do instituto para ver unha estampa da cidade non moi habitual pois foi un privilexio.
Deixovos aquí un pequeno resumo da nosa visita e da marabillosa experiencia. Entre todas había máis de 10 nacionalidades diferentes. Viva a diversidade!! E esperamos ansiosas o próximo curso a ver se podemos seguir intercambiando experiencias.
Nesta ligazazón IES EUSEBIO DA GUARDA podedes ver a cariñosa entrada que nos dedican.
Moitas grazas, compañeiras!!!!
Sem comentários:
Enviar um comentário