terça-feira, 24 de novembro de 2015
segunda-feira, 23 de novembro de 2015
Viaxando a Compostela
Esta é a parte dixital do proxecto VIAXANDO A COMPOSTELA do grupo de 1º B OS CAMIÑANTES DE COMPOSTELA
sexta-feira, 6 de novembro de 2015
quinta-feira, 29 de outubro de 2015
quarta-feira, 28 de outubro de 2015
terça-feira, 27 de outubro de 2015
JAVIER GÓMEZ NOYA
Dende o blogue LINGUA DE ALCAIÁN chéganos unha entrevista con Javier Gómez Noya. Clicade para vela, despois dos vosos traballos un complemento fantástico. Grazas a Mercedes e ao seu alumnado polo traballo e o magnífico blogue.
quinta-feira, 22 de outubro de 2015
ENIGMA

Alicia no Bosque do Esquecemento (1)
No libro Alicia do outro lado do espello de Lewis Carroll (pseudónimo do profesor de Lóxica e Matemáticas Charles Ludwige Dodgson), a súa protagonista tivo que adentrarse nun tenebroso bosque, chamado o Bosque do Esquecemento, un lugar no que un podía esquecer o seu propio nome e, por suposto, tamén o día da semana en que estaba.
Velaquí un divertido enredo lóxico que nunca chegou a ser incluído nese capítulo da fascinante obra de Carroll. Cando dous extraños animais habitantes do Bosque do Esquecemento, un león e un unicornio, se atoparon con Alicia, quixeron darlle algunha pista para saber o día en que se atopaba.
O león mentía os luns, os martes e os mércores, e dicía a verdade os outros días da semana.
O unicornio mentía os xoves, os venres e os sábados, e dicía a verdade os restantes días da semana.
Os dous faláronlle así á rapaza:
—Onte foi un dos días en que me tocaba mentir —dixo o león.
—Onte tamén foi un dos días en que me tocaba mentir a min —engadiu o unicornio.
A aguda Alicia non tardou moito en deducir, a partir destes comentarios, que día da semana era.
Cal era esa día? (1)
Adaptado de ¿Cómo se llama este libro?, Raymond Smullyan
TIRADO DE XOGOS DE LINGUA